ASOPORCEL -- Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta
ASOPORCEL

O cuarto Cocido do Porco Celta celébrase en Sarria o 5 de febreiro

A cuarta edición da Festa do Cocido do Porco Celta da comarca de Sarria celebrarase o próximo día 5 de febreiro no pavillón dos institutos da vila sarriá, segundo acordaron onte os organizadores durante unha reunión preparatoria do evento.

Do mesmo xeito que en anos anteriores, os comensais distribuiranse en mesas de 13 persoas cada unha, nas que se servirá en vaixela de barro un menú con sopa de cocido, lacón, butelo, chourizos, cachola, ‘soá', cachelos, garavanzos e grelos, ademais de sobremesas. O prezo será de 450 euros por mesa, as prazas son limitadas -ao redor de 400 persoas- e as reservas pódense efectuar nos teléfonos 982.53.22.11 ou 982.53.00.05.

A degustación está organizada por tres negocios de Sarria (os hoteis Roma e Afonso IX e a cafetería Santiago) e outros tantos de Samos (o hotel A Veiga, a casa de turismo rural Casa de Díaz e o mesón A Pontenova). Contan coa colaboración do Concello de Sarria, a Xunta, a Deputación, Turgalicia, Serra do Édramo e a Asociación de Criadores de Porco Celta (Asoporcel). Tamén prestan o seu apoio Cárnicas Teijeiro, que fornece a materia prima, a panadería Pallares e Queixos Antonio.

Segundo decidiron onte os organizadores, a partir de agora a festa do cocido celebrarase sempre dous fins de semana antes do entroido. Nos próximos días concretarán o nome do pregoeiro desta edición e daquelas persoas que serán distinguidas cos premios Pepe Tixolas e Marica Cazoleira pola súa contribución ao mundo da gastronomía.

A comarca de Sarria ten un importante peso en Galicia na produción de porco celta. Segundo datos de Asoporcel, existen 19 explotacións de tipo familiar, ademais da cooperativa de Goó (O Incio), cun censo conxunto de 400 animais, o que supón o 10 por cento do total de Galicia.

Os concellos con maior número de explotacións son O Incio e Triacastela (ambos con 7), seguidos de Sarria e Samos (dúas en cada caso) e O Páramo, cunha granxa dedicada a criar porco autóctono.

 

Fuente: El Progreso.

1ª FEIRA DE OUTONO EN LUGO

Os vindeiros días 3, 4, 6 e 8 de decembro, ASOPORCEL vai a participar na Feira de Outono que organiza a Concellería de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.
Os lucenses e visitantes que se achegen pola carpa situada na Praza da Soidade encontraranse con productos tradicionais e de producción ecolóxica.
No stand de a Asociación poderán degustar e adquirir productos de Porco Celta como chourizos, lacóns, pancetas, entre outros. No evento participaran os elaboradores da provincia (Embutidos Buenavista, Porco Landrán, Cárnicas Teijeiro).

ASOPORCEL participa en Bilbao en la Feria Algusto, adicada ao Slow Food

O evento reune aos referentes nacionais e internacionais do movemento Slow Food, ao que pertence o Porco Celta a través de ASOPORCEL. Deste xeito, do 16 ao 19 de decembro, os produtos derivados do Porco Celta serán coñecidos por visitantes de toda España, así coma do resto de Europa nunha cita única no calendario feiral español. Bilbao, 16 de decembro de 2011 Un ano máis, a feira "ALGUSTO" celebrase no BEC (Bilbao Exhibition Centre),  entre o 16 e o 19 de decembro co obxectivo de ensalzar ós alimentos máis naturais e elaborados baixo as pautas do movemento Slow Food. Deste xeito, non podía faltar á cita o Porco Celta que estes días está presente no certame, a través dun stand expositivo, xunto cos outros dous produtos galegos adscritos á chamada “Arca do Gusto do Slow Food”: o Millo Corvo e a Centola de Lira.Algusto é unha cita obrigada para os produtores de alimentos ecolóxicos e artesanais englobados baixo o Slow Food, feira na que establecen contacto coas canles de distribución, a hostalería e os gastrónomos de máximo prestixio a nivel internacional. Cunha posibilidade de venta directa a máis de 13.000 consumidores interesados en disfrutar da boa mesa.Algusto convirtese no centro do movemento Slow Food a nivel nacional e na vía de acceso máis cercana a uns produtores de alimentos que defenden unha serie de valores centrados en ofrecer produtos de alta calidade sans e a un prezo xusto, preservando as variedades e razas autóctonas, á vez que se protexen os recursos naturais e a biodiversidade, así como se defenden aos pequenos produtores e os procesos de produción artesanais. Viños, aceites, chocolate, cacao, vainilla, café, tomate, pataca, millo, noces, dátiles, fungos, especias, foie, queixos, embutidos, bacallau, conservas, afumados y carnes de raza autóctonas, na que está presente o Porco Celta, son, entre otros, os produtos que son protagonistas en Algusto. ASOPORCEL e o Porco Celta están integrados no Slow Food en Galicia dende o ano 2009, xunto á centola de Lira e o millo corvo de Bueu. Un movemento que naceu en 1986 na cidade italiana de Bra, onde é fundado polo xornalista Carlo Petrini, co obxectivo de loitar contra a comida rápida.

Hoxe, o Slow Food agrupa no mundo a unhas 80.000 persoas de 104 países, dos cinco continentes.

Para entrevistas contactar con Manuel Goris en el 672 046 474

 

<<  Enero 2012  >>
 Lu  Ma  Mi  Ju  Vi  Sa  Do 
        1
  2  3  4  5  6  7  8
  9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     

Compra - Venta

Compra Venta