O pasado 1 de Agosto persoal técnico de ASOPORCEL asistiu cun stand promocional á Feira Oenach Atlántico 2010 que se celebrou no Trece (Sedes), organizada en colaboración co Concello de Narón. Esta feira ten como fin a difusión do patrimonio da parroquia e a valorización dos recursos propios do mundo rural. Varios dos nosos socios, todos gandeiros da zona norte de A Coruña e Lugo, asistiron cos seus animais en exposición (verróns, femias con crías e cebóns), para darse a coñecer ao público asistente e establecer contactos comerciais, que contribúan á divulgación e promoción da nosa raza.
Orde do 31 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, e se convocan para o ano 2010.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2010 das seguintes liñas de axuda:
a) Realización de plans de mellora nas explotacións agrarias.
b) Primeira instalación de agricultores mozos ou mozas.
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións ou que pretendan selo e que cumpran os requisitos recollidos nesta orde.
ASOPORCEL en colaboración con Soutos Galegos S.L. participou por 2º ano consecutivo na 14ª edición do salón da alimentación do atlántico 2010, con un stand onde se degustou unha ampla mostra de produtos de gama delicatessen, nos que se unen sabor e textura facendo uns alimentos sublimes e irresistibles o padal. Entre os obxetivos deuse a coñecer os produtos elaborados con Porco Celta tanto a consumidores como a restauradores. Un ano mais ASOPORCEL cumple un dos obxetivos dexados, dar a coñecer o excelente produto que se cría en Galicia o Porco Celta.
ASOPORCEL participará nesta 33ª edición da Semana Verde cun total de 44 exemplares da Raza Porcina Celta, que poderán mercar os visitantes que se acheguen por esta mostra. Nesta ocasión dende ASOPORCEL estibemos traballando para poder achegar unha mostra ampla e representativa, para que os posibles compradores poidan elixir entre animais de diferentes idades e variedades, todos de xenética contrastada.
Deste xeito poderanse ver na feira exemplares REPRODUTORES:
Un macho reprodutor novo de variedade santiaguesa da GANDERÍA MANUEL FONTAL e dúas femias reprodutoras con leitóns, unha da GANDERÍA JESÚS GONZÁLEZ de variedade carballina con 8 leitóns, e outra de variedade santiaguesa con 6 leitóns cedida polo INORDE, organismo dependente da Deputación de Ourense e que colabora ca Asociación de xeito estreito e activo.