ASOPORCEL -- Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta
ASOPORCEL

ASOPORCEL participa en Oenach Atlántico 2010

ASOPORCEL participa en Oenach Atlántico 2010

O pasado 1 de Agosto persoal técnico de ASOPORCEL asistiu cun stand promocional á Feira Oenach Atlántico 2010 que se celebrou no Trece (Sedes), organizada en colaboración co Concello de Narón. Esta feira ten como fin a difusión do patrimonio da parroquia e a valorización dos recursos propios do mundo rural. Varios dos nosos socios, todos gandeiros da zona norte de A Coruña e Lugo, asistiron cos seus animais en exposición (verróns, femias con crías e cebóns), para darse a coñecer ao público asistente e establecer contactos comerciais, que contribúan á divulgación e promoción da nosa raza.

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 31 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, e se convocan para o ano 2010.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2010 das seguintes liñas de axuda:
a) Realización de plans de mellora nas explotacións agrarias.
b) Primeira instalación de agricultores mozos ou mozas.
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións ou que pretendan selo e que cumpran os requisitos recollidos nesta orde.

ASOPORCEL na 14ª Edición en SALIMAT 2010

ASOPORCEL na 14ª Edición en SALIMAT 2010

ASOPORCEL en colaboración con Soutos Galegos S.L. participou por 2º ano consecutivo na 14ª edición do salón da alimentación do atlántico 2010, con un stand onde se degustou unha ampla mostra de produtos de gama delicatessen, nos que se unen sabor e textura facendo uns alimentos sublimes e irresistibles o padal. Entre os obxetivos deuse a coñecer os produtos elaborados con Porco Celta tanto a consumidores como a restauradores. Un ano mais ASOPORCEL cumple un dos obxetivos dexados, dar a coñecer o excelente produto que se cría en Galicia o Porco Celta.

<<  Marzo 2010  >>
 Lu  Ma  Mi  Ju  Vi  Sa  Do 
  1  2  3  4  5  6  7
  8  91011121314
15161718192021
22232425262728
293031    

Compra - Venta

Compra Venta