ASOPORCEL -- Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta
ASOPORCEL
A carne do porco celta sumase o sabor do prato estrela de Lalín
Martes, 19 de Enero de 2010 10:49
novasA capital dezana xa quenta fogóns para a súa gran cita gastronómica, a Feira do Cocido, que cumprirá corenta e dous invernos o próximo día 7. Dende fai xa máis dunha década, o programa vénse aderezando cunha das iniciativas máis exitosas, as xornadas do Mes do Cocido, en que restaurantes do municipio ofrecen o afamado prato. Baixo o lema, De San Amaro a San Valentín, mes do cocido en Lalín, a cita arrancaba onte con novos bríos. Este ano participan un total de 29 establecementos, cuxa capacidade en total rolda as 4.000 prazas. Pero o mes prolóngase xa nalgúns casos, e en Lalín continúan servindo cocidos case ata o verán. Os prezos, a modo orientativo varían entre os 17 e 45 €, sendo a media de 25 €.

Os comensais recibirán ademais un pin conmemorativo, do artista José Luis Fondevila.

O alcalde lalinense, Xosé Crespo, destacaba onte a inicaitiva como a máis vantaxosa dende o punto de vista económico para a hostalaría e o comercio da localidade. Entre as novidades, o sabor do porco celta, que da man da Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel), chegaba á presentación das xornadas no restaurante Currás, onde xa pensan en apostar en vindeiras edicións por este suculento ingrediente. "Ogallá nuns anos todos vos cocidos que se fagan aquí leven porco celta, porque é unha sinal de identidade", apuntaba o rexedor. O coordinador de Asoporcel, José Antonio Carril, que asistiu xunto co presidente, José Balboa, recordou que é un "patrimonio xenético que hai" que "preservar" e animou os gandeiros da zona a sumarse á asociación con 280 criadores.

Primeiros comendadores

A promoción do cocido lalimense continuase a próxima semana en Madrid, no certame Fitur e coa celebración da Semana do Cocido, que se ampliará a quince días. Mentres, Crespo desvelaba onte os dous primeiros nomes que ingresarán este ano na Encomenda do Cocido. Serán Mª Luz Barreiros, natural de Ourense e presidenta da Fundación Eduardo Barreiros, e que fose esposa de Jesús Polanco, e o lalinense José Antonio

Fernández Vázquez, secretario xeral da Consellería de Medio.

Por outro lado, máis de 70 comercios e restaurantes de Lalín iniciarán a próxima semana a campaña de promoción conxunta con descontos recíprocos en ambos os dous sectores. Os bonos poderán usarse durantes os meses de marzo e abril.  

 

   Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla