|
O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, asinou o 16 Abril en Lugo xunto co presidente da Asociación de Criadores de Gando Porcino Poco Celta (Asoporcel), Manuel Losada, un convenio de colaboración para a recuperación, conservación e fomento desta raza autóctona, cuxo importe ascende, a 280.000 euros, distribuídos en asignacións de 70.000 euros entre este ano e 2013.
O coordinador da asociación, José Antonio Carril, concretou que o volume de negocio dos criadores de Asoporcel é de 1,3 millóns de euros anuais ao ano. En 2009 sacrificáronse 1.000 animais, que de media alcanzaron os 140 quilos a canle. Cada quilo comercializouse a 3,20 euros.
Pola súa banda, o titular da Administración agraria galega explicou que, co acordo selado este venres, a Xunta "trata de apoiar os criadores de porco celta" e destacou que o traballo da asociación é "a historia dun éxito na recuperación dunha raza autóctona". A este respecto, recordou que o porco celta estivo "case extinguido" en Galicia.
"Este convenio busca orientar aos gandeiros e para seguir adiante na recuperación do porco celta. De estar case extinguida, agora recupérase e ademais é un recurso económico moi importante nalgunhas zonas de Galicia, ata o punto de que é unha raza perfectamente preparada para estar nos mercados a nivel nacional", resaltou.
Chamada de atención á distribución Por outro lado, Samuel Juárez dirixiu unha "chamada de atención" á distribución por utilizar ao leite como produto reclamo nos seus establecementos e volver introducir tensión no mercado", que, ao seu xuízo, é "innecesario".
" Hai que ter un pouco de respecto cara a un sector que ten unha transcendencia moi grande en Galicia e ao que hai que seguir apoiando", reclamou para soster que o mercado, neste momento, "non" avala ningún tipo de baixada" de prezos.
O titular da Administración agraria galega realizou esta advertencia a raíz das protestas dos gandeiros ante as prácticas da distribución. "Hoxe en día -asegurou- non hai no mercado ningún motivo para que o prezo baixe". A este respecto, subliñou que os prezos en Europa "están aguantando ben" e destacou que en Francia os axentes do sector -industria e produtores- pactaron un incremento do 10 por cento nas cotizacións
Noticia de: www.elprogreso.galiciae.com |