ASOPORCEL -- Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta
ASOPORCEL
33ª Edición Semana Verde de Galicia do 10-13 de Xuño
Viernes, 21 de Mayo de 2010 08:58

                                    
ASOPORCEL participará nesta 33ª edición da Semana Verde cun total de 44 exemplares da Raza Porcina Celta, que poderán mercar os visitantes que se acheguen por esta mostra. Nesta ocasión dende ASOPORCEL  estibemos traballando para poder achegar unha mostra ampla e representativa, para que os posibles compradores poidan elixir entre animais de diferentes idades e variedades, todos de xenética contrastada. 

Deste xeito poderanse ver na feira exemplares REPRODUTORES:

Un macho reprodutor novo de variedade santiaguesa  da GANDERÍA  MANUEL  FONTAL e dúas femias reprodutoras con leitóns, unha da GANDERÍA  JESÚS GONZÁLEZ de variedade carballina con 8 leitóns, e outra  de variedade santiaguesa con 6 leitóns cedida polo INORDE, organismo dependente da Deputación de Ourense e que colabora ca Asociación de xeito estreito e activo.

Tamén haberá unha ampla oferta en CEBOS ca participación de:

GANDERÍA  EMILIANO POL FERREIRO con  5 cebos e GANDERÍA  JESÚS GONZÁLEZ con  15 animais, ambos lotes teñen unha idade  de 5 meses e alcanzarían a idade de sacrificio cara finais de este ano e principios do 2011.

A GANDERÍA  CARLOS ALVAREZ  con 7 cebos de 10 meses para sacrificar a finais do verán.

Formando parte destes lotes encóntranse femias enteiras que poderían seleccionarse para reprodutoras.
En todo momento os veterinarios e técnicos da asociación estarán á disposición dos visitantes para ofrecerlles toda a información que requiran o respecto das características desta raza (morfotipo, sistemas de explotación, manexo, alimentación…), así como para asesorar a aqueles que pensen adquirir animais.

Por todo isto pensamos que esta pode ser unha ocasión inmellorable para poder facerse con exemplares desta Raza, darse de alta na Asociación de criadores de ASOPORCEL, xa que quen se achegue poderá adquirir reprodutores xa probados, femias futuras reprodutoras, cebos de diferentes idades e variedades e leitóns recen destetados.