|
ASOPORCEL participa en Oenach Atlántico 2010 |
|
Jueves, 05 de Agosto de 2010 11:08 |
|
O pasado 1 de Agosto persoal técnico de ASOPORCEL asistiu cun stand promocional á Feira Oenach Atlántico 2010 que se celebrou no Trece (Sedes), organizada en colaboración co Concello de Narón. Esta feira ten como fin a difusión do patrimonio da parroquia e a valorización dos recursos propios do mundo rural. Varios dos nosos socios, todos gandeiros da zona norte de A Coruña e Lugo, asistiron cos seus animais en exposición (verróns, femias con crías e cebóns), para darse a coñecer ao público asistente e establecer contactos comerciais, que contribúan á divulgación e promoción da nosa raza.
Entre os actos do evento houbo unha mostra de Artesanía tradicional e Comercio artesán, distintas actividades lúdicas e deportivas  . |