| O cuarto Cocido do Porco Celta celebrouse en Sarria o 5 de febreiro |
| Lunes, 16 de Enero de 2012 08:27 |
|
A cuarta edición da Festa do Cocido do Porco Celta da comarca de Sarria celebrouse o xa pasado día 5 de febreiro no pavillón dos institutos da vila sarriá, segundo acordaron onte os organizadores durante unha reunión preparatoria do evento. Do mesmo xeito que en anos anteriores, os comensais distribuironse en mesas de 13 persoas cada unha, nas que se sirve en vaixela de barro un menú con sopa de cocido, lacón, butelo, chourizos, cachola, ‘soá', cachelos, garavanzos e grelos, ademais de sobremesas. O prezo e de 450 euros por mesa, as prazas son limitadas A degustación está organizada por tres negocios de Sarria (os hoteis Roma e Afonso IX e a cafetería Santiago) e outros tantos de Samos (o hotel A Veiga, a casa de turismo rural Casa de Díaz e o mesón A Pontenova). Contaron coa colaboración do Concello de Sarria, a Xunta, a Deputación, Turgalicia, Serra do Édramo e a Asociación de Criadores de Porco Celta (Asoporcel). Tamén prestan o seu apoio Cárnicas Teijeiro, que fornece a materia prima, a panadería Pallares e Queixos Antonio. Segundo decidiron os organizadores, a partir de agora a festa do cocido celebrarase sempre dous fins de semana antes do entroido. Nos A comarca de Sarria ten un importante peso en Galicia na produción de porco celta. Segundo datos de Asoporcel, existen 19 explotacións de tipo familiar, ademais da cooperativa de Goó (O Incio), cun censo conxunto de 400 animais, o que supón o 10 por cento do total de Galicia. Os concellos con maior número de explotacións son O Incio e Triacastela (ambos con 7), seguidos de Sarria e Samos (dúas en cada caso) e O Páramo, cunha granxa dedicada a criar porco autóctono.
Fuente: El Progreso. |