O próximo 18 de marzo celebrarase a VI edición da Festa do Porco Celta de Beariz adicada este ano a Panamá. A Asociación cultural de Amigos do Porco Celta de Beariz coa colaboración do Concello de Beariz decidiron homenaxear a este país dunha forma especial xa que o ano pasado tanto a Banda de Gaitas como unha pequena representación do propio concello foron tratados nesa viaxe dunha forma excepcional, sendo esta a segunda vez que a banda de gaitas visitaba este país. Seguindo a liña de innovación ó mesmo tempo que de exaltación do propio produto, o porco celta, este ano os 800 comensais atoparanse unha pequena novidade, a empanada de porco celta (feita por “Pan de Beariz) e os chourizos con cachelos estarán acompañados do porco celta ao estilo Porquiño á Brasa ®, elaborando o asado a Asociación Gastronómica Cultural de Amil, organizadora da Festa do Porquiño á Brasa®, Amil-Moraña. O postre será queixo con marmelo. Contaremos tamén co fantástico Pan de Beariz, bebidas, café e licores, o prezo por persoa será de 22 euros. Para calquera consulta o teléfono do propio concello, 988284000 ou os teléfonos 606076132-673559632. Para a venda de entradas no mesmo recinto o día da festa. De forma anticipada nos negocios do concello ou a través da conta bancaria de Nova Galicia Banco (2080-5281-62-3040013480). A reserva de mesa farase soamente por mesa completa, é dicir, 10 persoas, e mediante ingreso na conta bancaria ata o venres 16 ás 14:00h. |