ASOPORCEL -- Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta
ASOPORCEL
Festa Gastronomica do Porco Celta en Beariz
Jueves, 05 de Marzo de 2009 12:51

A Comercialización do Porco Celta de Beariz aproveita as canles habituais que funcionan para os productos cárnicos transformados de calidade pero a exaltación da marca e a promoción inclúe a celebración dunha festa gastronómica do Porco Celta en Beariz que conta co apoio de varias institucións, entre elas o Concello de Beariz, a Deputación Provincial, O Inorde e as caixas de aforros

O 15 de marzo de 2009 está prevista a celebración da 3ª edición desta xornada entorno ó Porco Celta.

Gracias ás oportunas xestións do INORDE, esta festa conta cunha denominación recoñecida e grarantida por un rexistro de marca que a denomina "FESTA DO PORCO CELTA DE OURENSE EN BEARIZ". A partir de agora traballaremos para mellorala e lograr que acade a categoría de festa de interese turístico.

A festa deste ano estará dedicada ós emigrantes galegos en Alacante. Representados polo Presidente do Centro Galego de Alacante D. Odilo Rial Cortizo, natural de Alén (Xirazga). Con esta dedicatoria preténdese que a Festa do Porco Celta de Beariz sexa un vínculo de unión entre Beariz e os seus veciños no exterior.

  Reproduce a cuña publicitaria.

XANTAR

Menú:1º Empanada de Porco Celta, 2º chourizo de Porco Celta con cachelos, 3º Filetes de Porco Celta á plancha, Postre, café e licores.

Sortearase un leitón de Porco Celta entre os asistentes ó xantar.

O precio é de 20€

As entradas pódense reservar por correo electrónico: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla   tamén chamando ó

teléfono 646565123

ou mercándoas directamente nos puntos de venda colaboradores, Bar Beariz, Bar Centro Caixanova Beariz e Caixagalicia Beariz.
 
PROGRAMA
ACTOS CULTURAIS:

O venres 13

Proxección de vídeos sobre o Porco Celta e a Festa gastronómica de Beariz. No salón de Actos do Concello de Beariz a partir das 19:00H

O sábado 14

17:30H. Conferencia sobre o programa de recuperación da Raza Porcina Celta e a gandeiría alternativa. No Salón de Actos do Concello de Beariz.

Actuación da Coral do Casino do Carballiño na Igrexa Parroquial de Beariz. Ás 19:00H.

O domingo 15

Exposición e venda de productos artesanais e de Porco Celta, no recinto da festa.

Xunta da Directiva de ASOPORCEL

14:00H Gran Xantar no Pavillón Polideportivo.

Festa Beariz