ASOPORCEL -- Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta
ASOPORCEL
Novas
Beariz adicou este ano a Festa do Porco Celta a Alemania
Lunes, 07 de Febrero de 2011 09:50


O pavillón de deportes de Beariz transformouse no escenario dunha gran comida de exaltación da carne do porco celta.

A asociación Amigos do Porco Celta de Beariz reuniu a 800 comensais, que degustaron un apetitoso e variado menú na quinta edición da Festa do Porco Celta, dedicada este ano a Alemaña. A mañá soleada propiciou a recepción de convidados no recinto exterior do pavillón, onde o Inorde, ademais de expoñer un posto con algúns dos alimentos típicos de Galicia, tamén sorprendeu coa exhibición dunha porca xunto aos seus pequenos leitóns, que foron obxecto de admiración por parte do público.

Diversos produtos artesanais estiveron a disposición para a súa compra, entre os que destacaba a carne de porcino celta, con degustación incluída, ademais doutros alimentos da bisbarra.

Leer más...
 
IV Xornada Gastronómica e de recuperación do Porco Celta
Martes, 25 de Enero de 2011 15:42

A demostración dunha matanza tradicional abriu o programa das 'IV Xornadas de recuperación do porco celta'. Este fin de semana, Manzaneda tamén combina gastronomía e tradición na 'III Mostra de Artesanía'.
A captura do exemplar de 'porco celta' sacrificado para mostrar como é a matanza tradicional obrigou a empregarse a fondo aos catro veciños que o atraparon. O voluntario que debía coller a porca cun lazo tivo que pedir auxilio ante a esquiva actitude da escorregadiza vítima. Tras varios intentos, foi capturada, inmobilizada con cadeas e poñer fóra de combate coa pistola aturdidora, un método que non é moi tradicional, pero que obriga a utilizar a última normativa.
Logrado o 'KO' do animal, todo foi máis doado para os socios da 'Pena A Lardeira'. Cun enorme coitelo desangrárono, valéndose dun soprete de butano pelárono e limpáronlle os pezuños cun estilete máis pequeno, na primeira e última manicura do animal. Para eliminar a sucidade, foi lavado cunha mangueira, paso previo ao seu izado con axuda dun tractor. Despois, o matachín abriuno en canle e preparouno para o despezamento utilizado para os embutidos.

Leer más...
 
CONSELLERÍA MEDIO RURAL
Martes, 11 de Enero de 2011 08:50

Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrícolas no ano 2011. 

Requisitos:
  • Manter e actualizar o caderno de explotación que deberá incluir un resumo da contabilidade e a elaboración dunha conta da explotación.
  • Recibir o  servizo dunha entidade de Aconsellamento ou Xestión de Galicia.
  • Cumprir coa normativa correspondente o benestar dos animais e boas condición agrarias e ambientais.
  • No caso de productores agrarios beneficiarios das axudas para o establecemento de métodos de producción respetuosos co ambiente e coa conservación da paisaxe, deberán cumplir ademáis as normas mínimas sobre a utilización de fertilizantes e fitosanitarios.
  • Durante a vixencia do CES, no caso de pagamentos por superfice non se poderá disminuir a superficie agraria comprometida, agás nos casos seguintes:

                    Concentración parcelaria, expropiación ou calquera tipo de intervención pública.


                    Variación na superfice comunal adxudicada

 
Axudas para paliar os danos do lobo
Viernes, 17 de Diciembre de 2010 08:12

Orde do 14 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo, e se convocan para o ano 2011.

 
Conselleria Medio Rural (Axudas para a prevención de ataques do lobo)
Miércoles, 15 de Diciembre de 2010 08:12

Orde do 13 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención de ataques de lobo ao gando, e se convocan para o ano 2011.

 


Página 9 de 14