| Estandar Orixe Evolucion |
| Lunes, 19 de Enero de 2009 17:25 |
|
O xénero orixinario de tódolos porcinos e o "SUS" e establecen se os tres troncos prehistóricos seguintes:
A agrupación racial céltica se estendeu en maior o menor medida polo Norte e Noroeste de España dando lugar a distintas razas, hoxe máis ou menos cruzadas como o Porco Chato de Vitoria, o Lermeño de Burgos, o Catalán de Vich, o Molinés de Guadalaxara, o Alistano de Zamora, a Galega ou Celta, e outras tamén por Centroeuropea e Portugal. De todas estas, moitas de elas están hoxe desaparecidas. A raza porcina celta agrupa animais de tamaño grande, rústicos, moi adaptados a súa explotación en réxime extensivo. Encóntranse exemplares da raza en todo o territorio galego, centrándose máis na provincia de Ourense, sur da provincia de Lugo e nas comarcas centrais e noroeste de A Coruña. Se caracterizan pola súa gran rusticidade, perfectamente adaptada o medio no que se desenvolve, pastoreando e alimentándose de recursos naturais estacionais como landras, castañas e brotes vexetais dos extensos e ricos bosques autóctonos galegos.
Cabeza: De tamaño grande, ancha e alongada; frontais anchos e planos, formando unha aresta aguda na liña da covaracha. Os osos nasais son longos e forman un ángulo obtuso coa fronte. O cráneo forma unha cabeza moi voluminosa rematada con unha jeta ancha e grosa. Orellas grandes e caídas que cubren os pequenos ollos. Contémplanse dous ecotipos dentro desta raza, que xa Rof Codina as comenta nos seus escritos, con tres variedades segundo se presente a coloración da capa: No Norte de Galicia, pola zona de Bergantiños predomina o ecotipo Carballino, que así o denominou Rof Codina por establecerse nos arredores da comarca de Carballo, que se caracterizan por manchas negras brillantes ou rubias. Hacia o Sur de Galicia esténdese o ecotipo Santiagués, cas dúas variedades raciais, a Branca e a Barcina, con manchas pizarrosas contra o seu tercio posterior. |