ASOPORCEL -- Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta
ASOPORCEL
PROXECTO DE RECUPERACIÓN
Lunes, 19 de Enero de 2009 17:21

A Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL) principia  as súas actividades no ano 1999, como una entidade sen ánimo de lucre, encamiñada a integrar a tódolos criadores de esta raza porcina galega que desexen participar nun Programa de Recuperación do Porco Celta, auspiciado pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galiza.

O interés pola recuperación e conservación da raza porcina Celta, reducto sobrevivinte en España do chamado Tronco Céltico ou Celta, creceu de forma importante nos últimos anos, despois dun gran retroceso censal a partir de mediados do século, ata casi a súa completa desaparición durante a década dos oitenta, cursando baixa no Catalógo Oficial de Razas Autóctonas de España. 

Anteriormente, esta raza era a que predominaba nos cortellos galegos e a que se comercializaba en case tódalas feiras de Galicia.

Inda que non se catalogaban xa, quedaban moitas familias salpicadas por todo o agro galego que adoitaban  criar porcos de esta raza Celta, debido a que era a que máis lles sabía unha vez elaborada a súa carne. Así foi como se foron mantendo algúns exemplares illados en diferentes reductos de Galiza, que supuxeron os principais cimentos para a recuperación da raza a finais dos anos noventa.

Co apoio, tanto loxístico como orientativo, da Consellería do Medio Rural , e co recoñecemento oficial da mesma de ASOPORCEL como entidade colaboradora, comeza unha ardua labor de procura e identificación de exemplares para os distintos rexistros dos Arquivos Zootécnicos de  ASOPORCEL  por toda Galiza, e se crea un centro en  Triacastela (Lugo) da propia asociación con animais vivos como banco xenético e núcleo de absorción de exemplares salvagardados para unha futura expansión cara a todos aqueles gandeiros que quixeran participar na recuperación do Porco Celta . 

Dado o interese xenético, social, cultural, ambiental e económico, que supón  para Galiza a recuperación, conservación e o fomento da raza porcina celta, así como por constituir un  valioso caudal xenético,  publicase no  Diario Oficial de Galicia do 23 de outubro de 2000, a regulamentación específica do Libro Xenealóxico da Raza Porcina Celta derogada polo actual Decreto de Razas Autóctonas en perigo de extinción 149/2011 do 7 de Xullo. Nel regulase o sistema de inscrición e identificación de exemplares e o rexistro de ganderías.

Actualmente la raza porcina Celta esta la morfotípicamente bien definida, esta socialmente reconocida la calidad cárnica de sus productos lo que se demuestra en el interés social que despertó la raza e la gran demanda de ejemplares.  La raza es reputada por el elevado tejido graso intramuscular y por su adaptación a la cría en sistemas extensivos al aire libre.