|
A Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL) segue a traballar nos importantes obxetivos marcados dende a súa creación no ano 1999, entre os que cabe destacar: A recuperación e conservación do patrimonio xenético da raza porcina galega, que se encontra en perigo de extinción, coa idea de preservar un importante recurso zooxenético a legar a xeracións vindeiras. A xestión do Libro Xenealóxico da Raza Porcina Celta, asentando os animais pertenecentes á mesma nos distintos rexistros de inscrición, identificando cada exemplar, calificando ó chegar a determinada idade e estudiando a mellor forma de emparellamento segundo a xenealoxía dos animais para poder asesorar ós socios dos mellores cruces. A creación de núcleos para o mantemento da raza en pureza en condición naturais, evitando a súa desaparición. A integración de tódolos criadores de esta raza interesados na súa conservación e mellora, así como representar, defender e promocionar os intereses económicos, sociais, profesionais dos asociados. A promoción, difusión e divulgación da raza porcina celta entre os distintos públicos a través de reunións científicas, culturais, feiras, congresos, publicacións, etc. Nestes anos a Asociación foi cumprindo estos obxetivos de forma satisfactoria, o que se ve reflexado por un lado, no importante aumento do censo de exemplares inscritos no Libro Xenealóxico, conseguindo deter a súa inminente desaparición, e por outro, o gran interés xurdido pola raza e os seus productos o que repercute no aumento de explotacións e de asociados. JUNTA DIRECTIVA Jose Antonio Carril Gonzalez-Barros Santiago Rodríguez-Villasante Daviña Alvaro Alvarellos Areas Fernando Sanesteban Coira Carlos Gonzalez Cabarcos Jose Balboa Rodríguez MEDIOS HUMANS - Coordinador Xeral : Don Jose Antonio Carril Gonzalez-Barros. - Veterinarios: Alba Garcia Golmar, Jorge Abeledo Pena, Manuel Pazos Suarez - Administrativa: Mª Pilar Pipa Varela. - Veterinarios Colaboradores: Quirino Pisonero Perez, Cesar Perez Martinez, Fran Rey Crespo.
|