|
A Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta proporciona os seus asociados diversos servizos, entre estes encontráse: 1.-Identificación dos exemplares. A identificación do animal faise directamente na explotación do gandeiro asociado, onde se traslada o facultativo colaborador da Asociación. O procedemento da identificación é o seguinte: Se lle tatúa na orella dereita cos números pertinentes e diferenciadores onde se almacena a seguinte información: -Ano de nacemento do animal -Porco Celta -Número de rexistro da gandería -Provincia e número correlativo no Libro Xenealóxico Este sistema de identificación é totalmente seguro e para toda a vida do animal, pero non resulta moi operativo no manexo diario, polo cal tamén se lle aplica, de forma simultánea, un crotal electrónico (microchip), que sen necesidade de inmobilizar o animal, só por proximidade de un lector, pódese recoñecer o exemplar. O crotal electrónico consta dun botón macho onde figura un número histórico do animal, que vai coincidir co correlativo do libro xenealóxico que leva en tinta, e que sempre corresponderá a ese animal en concreto. O botón femia é o que leva instalado un microchip cunha serie de números; este se pode reciclar debido o custe do mesmo. Cun lector múltiple, recoñecese o animal ó aproximarlle este a uns 20 cms o menos de distancia e, o mesmo tempo, alberga información na súa memoria que se pode debrocar posteriormente en un ordenador ( contador para manga de manexo para vacinación , etc.) Este sistema é moi eficaz e operativo, de fácil aplicación e lectura. Pero ten dous inconvenientes, a saber : existe probabilidade de perda de crotal, inda que non é moi frecuente ( arredor dun 7 % , que pódese reducir si está ben implantado e non existen lugares onde se podan enganchar os animais); e outro inconveniente resulta do prezo de cada crotal electrónico. Se lle coloca na orella dereita nos machos e na esquerda nas femias, así se pode coñecer o sexo do animal visto de fronte o dende certa distancia. 2.- Calificación Morfolóxica A calificación morfolóxica dos exemplares realizase por técnicos validados para tal fin póla Comisión Rectora lo Libro Xenealóxico. O método empregado é o de puntos, así permite xuzgar comparativamente o valor dun exemplar determinado. Os caracteres que hai que considerar son os que a continuación se relacionan, con expresión para cada un deles do coeficiente de ponderación. Os puntos que se asignan a cada un dos aspectos multiplicase pólo coeficiente correspondente, resultando así a puntuación definitiva. | CARACTERÍSTICAS MORFOLOXICAS | FACTOR | | Aspecto xeral (desenrolo, proporcións e peso) | 2 | | Pel, pelo, pigmentación | 0,3 | | Cabeza | 1,7 | | Pescozo e tórax | 0,5 | | Costas | 0,7 | | Dorso e lomo | 1,5 | | Cruz dos riñóns e xamóns | 1,5 | | Ventre e xenitais | 0,3 | | Asentamento das extremidades e marcha | 1,5 | | TOTAL | 10 |
Para que o porco poida ser considerado como Celta Puro terá que obter a seguinte puntuación mínima: MACHOS: Teñen que obter unha puntuación total superior a 65 puntos FEMIAS: Unha puntuación superior a 60 puntos.
|